martes, 5 de noviembre de 2013

COMO FACER UN ENXERTO
Materiais:
♦ Unha navalla de enxertos ou un coitelo.

♦ Un farrapo.

Unha bobina pequena de cordel delgado.

Un fragmento de talo dunha planta ou dunha árbore con varias xemas, cantas máis mellor.

NOTA: Hai quen lle bota un pouco de barro no enxerto, este despois cúbrese cun farrapo ben apretado dándolle moitas voltas.Para evitar que entre o aire.

PASOS A SEGUIR:
Coa navalla facemos un corte na póla ( ou rama ) dándolle unha profundidade aproximada ó afeitado do fragmento de talo ( a punta ).

Dánselle 5 ou 6 voltas ben apretadas cun farrapo de algodón. A continuación envólvese todo o farrapo con cordel apretando ben cada volta. O motivo de que leve tantas voltas o trapo e para mollalo e manter a zona húmeda.
               Na actualidade fanse os enxertos con cinta aislante.

REALIZADO POR: Irene e Ramón ( meu pai ).


1 comentario: