viernes, 15 de marzo de 2013

Traballo "O Automóbil"

Hola a todos, presentámosvos o noso traballo sobre os automóbiles, esperamos que vos guste:

O AUTOMÓBIL





               LUCÍA VÁZQUEZ FERNÁNDEZ

               DAVID VÁZQUEZ FERNÁNDEZ

POR:     DANIEL SANTAMARÍA SUÁREZ

               CELIA VILAS ROMERO

               ADRIANA VILARNOVO LIÑAYO







Índice

1ª páxina     Definición de automóbil
2ª páxina     Historia dos automóbiles.

3ª páxina     Partes dos automóbiles
4ª páxina     Tipos de motores
 




 
Definición:

A palabra automóbil deriva do grego “auto” (un mesmo) e do latín “mobilis” (que se move), é dicir, móvese por si mesmo.

É un vehículo que ten entre tres e nove rodas, propúlsase mediante un motor, e pode transportar persoas, mercadorías, etc. As rodas dianteiras móvense cara aos lados para facer que o vehículo poida tomar as curvas.
O automóbil considérase o mellor invento do século XX.

 

Historia:


O primeiro automóbil foi creado en 1769 polo escritor e inventor francés Nicholas Cugnot. Era un triciclo propulsado a vapor que tiña as rodas de madeira e lamias de ferro .



O escocés John Boyd Dunlop inventou o pneumático con cámara de aire e , en 1845,o británico Wiliam Thomson patentou a primeira roda de aire, unha revolución naquela época, dado que se utilizaban rodas moito máis pesadas.

No ano 1870 o inventor alemán Siegfried Marcus fixo funcionar o primeiro motor de combustión interna a base de gasolina. No ano 1885 o enxeñeiro alemán Karl  Benz construíu  o seu primeiro modelo con este tipo de motor.

A produción masiva de automóbiles comezou en Francia e Estados Unidos arredor do ano 1900. As primeiras empresas foron Panhard et Levassor e Peugot.

En 1896, Henry Ford constrúe o seu primeiro vehículo de catro rodas, e no ano 1908 comezou a producir automóbiles nunha cadea de montaxe , un sistema totalmente innovador naqueles tempos.



No ano 1898, Louis Renault construíu o seu primeiro vehículo e fundou unha das empresas máis prestixiosas da industria da automoción.


No ano 1904 fabricouse o primeiro Rolls & Royce.



En 1934 apareceu un coche moi revolucionario para a época, o “Soto Airflow”. Tiña un parabrisas curvo, o motor na parte dianteira e carrozaría reforzada.



Con todos istos avances foise investigando e producindo novos coches cada vez máis modernos, cómo o “Buggatti veyron super sport” (o automóbil máis rápido do mundo, xa que alcanza os 431 km/h).



Partes dun automóbil



Os automóbiles teñen varias partes, entre elas:

  •  Estrutura (Carrozaría, Chasis, Bastidor):
É a parte exterior do vehículo, dálle a forma característica a cada modelo.
  •  Cuberta da roda:
É a parte da roda que está en contacto co chan, fai que o vehículo non esvare nas curvas.
  •  Lamia:
Parte metálica da roda que suxeita a cuberta..
  •  Motor:
É a parte principal do automóbil. Fai que este poida moverse.
  •  Caixa de cambios (panca de cambios, embrague, caixa de cambios):
É o mecanismo que fai que o vehículo colla distintas velocidades.
  •  Transmisión:
É o dispositivo que transmite a enerxía do motor ao eixe das rodas.
  •  Freos:
Fai que o coche poida deterse.
  •  Dirección:
É o dispositivo que fai que o vehículo poida xirar.
  •  Suspensión:
Serve para amortece os saltos que da o vehículo nas imperfeccións da estrada.
  •  Sistemas auxiliares de seguridade e confort:
Son sistemas que melloran a comodidade e a protección dos pasaxeiros.

 

Tipos de motores
Os automóbiles propúlsanse mediante diferentes tipos de motores como:
  • Motores de vapor: Foron os primeiros motores empregados nos automóbiles. Funcionan queimando un combustible, para producir calor e evaporar auga dentro dunha caldeira, xerando unha elevada presión. Cando se alcanza un determinado nivel de presión o vapor é conducido, mediante válvulas, a un sistema de cilindros que transforma a enerxía do vapor en movemento, que a súa vez é transmitido ás rodas. O uso máis habitual destes motores foi nos trens.



  • Motor eléctrico: Consumen electricidade que se soe subministrar mediante baterías que admiten varios ciclos de carga e descarga. A enerxía eléctrica obtida é transformada polo motor eléctrico en enerxía mecánica.

Evolución do automóbil en fotos
1769


1802

1860


1883


1895


1896


1898

1904


1914


1926


1928

1934


1939


1964


1988


2009


No hay comentarios:

Publicar un comentario