Ola son Irene e esta é a miña poesía sobre o inverno, escrita en galego.
O INVERNO
O inverno é frío,
por iso hai que abrigarse.
Nesa estación neva moito,
coidado co xeo para non resbalarse.
O inverno é maravilloso,
pois non existe outro mellor.
Se non che gusta o inverno,
é que prefires a calor.
O inverno é a mellor estación,
as outras son moi aburridas.
Nel está o Nadal,
con sorpresas divertidas.
Cando o inverno acaba,
comeza outra nova estación.
Chámase primavera,
e ven cargada de ilusión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario